venres, 11 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O pasado 8 de marzo abordamos na clase o tema do día internacional da muller.Centrámonos en algo tan cotiá coma as tarefas domésticas sobre o que reflexionamos e debatemos.Coñecemos as historias e os logros deportivos de dous modelos que rachan coa tradicional idea de que existen deportes de homes e de mulleres.Son o patinador Javier Fernández e a futbolista galega Vero Boquete.Non existen deportes de homes e mulleres,existen deportes e sobre todo existen PERSOAS POR IGUAL.
   Pola tarde, desfrutamos dunha sesión de contacontos relacionada con este tema, levada a cabo por Pedro Brandariz, ao que lle agradecemos o bo anaco de tarde que nos fixo pasar e sobre todo o que nos ensinou sobre a igualdade coas súas historias.
 A todas as mulleres,desexámoslle felicidade no seu día!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario