martes, 23 de xuño de 2015

ACTIVIDADES VARIAS E FIN DE CURSO

Nestes dous últimos meses os Pensadores/as de Razo estivemos inmersos nun vibrante sprint final de curso, cheo de traballo, de tarefas e tamén de saídas e actividades: Balarés, museo de Belas Artes e Casa dos peixes na Coruña, Semana do libro e da lectura en Carballo, as empanadiñas, marisqueo en Baldaio,"pequefeira" dentro das actividades do Horto escolar e festa de fin de curso entre outras cousas.
Despedimos tamén á profe Lucía que tan ben nos tratou e á que sempre levaremos no noso corazón e á que desde aquí lle agradecemos á súa dedicación e cariño. O mesmo ocorre con Daniel,o noso auxiliar de conversa, que tantas cousas nos aportou este curso ademais de axudarnos a mellorar o noso inglés e que despedimos con tanta pena.
Agora é tempo de verán onde o descanso e a "recarga de pilas" son as actividades máis importantes para voltar en setembro con moita máis forza e enerxías renovadas, sendo xa Pensadores de 4º de Primaria.
BOAS VACACIÓNS E FELIZ VERÁN!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario