mércores, 25 de febreiro de 2015

HORTO ESCOLAR

Como xa sabedes, desde hai algunhas semanas comezouse a traballar no cole no horto escolar.En primeiro lugar, traballaron os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º e hoxe foi o noso turno xunto cos compañeiros e compañeiras de 4º. O tempo atmosférico non estivo da nosa parte e non puidemos realizar o traballo que Manuel, o especialista en horto escolar, tiña planificado.Aínda así, comentounos o traballo que tiñamos que facer e falounos de cousas moi interesantes para levar a cabo un horto ecolóxico.

2 comentarios: